Costureiriña bonita,
¿Onde te-los teus vestidos?
Téñoos na hucha gardados
para poñer ós domingos.
Costureiriña bonita,
Dáme unha agulla de prata,
Para sacar unha espiña
Do corazón que me mata.
O amor da costureira,
era papel e mollouse;
agora costureiriña
o teu amor acabouse.
Cantiga Tradicional de Oficios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario